martes, 25 de octubre de 2016

COÑECEMOS O PORRIÑO

    Despois de investigar sobre O Porriño, subliñar e resumir, temos a cabeza como un bombo chea de información, pero fomos quen de resumir os datos para acercarvos á nosa localidade, aquí tedes o noso post.


O ESCUDO DA LOCALIDADE.

O escudo da localidade fórmano fundamentalmente unha igrexa sobre unha ponte romana .Trátase da antiga igrexa parroquial  de Santa María do Porriño s.XV,situada mesmo lugar que ocupa a actual.

O PORRIÑO,CAPITAL DO VAL DO LOURO

O Porriño é a capital do Val do Louro.O concello centro da comarca da Louriña é incluído no espazo natural do Baixo miño. Nas Gándaras  atopouse un dos xacementos arqueolóxicos máis relevantes do Paleolítico galego, restos da idade do bronce e, xa os romanos trazaron por aquí unha das súas principais vías. Durante a idade media xurdiu unha forte clase señorial que deixou vestixios aquitéctonicos como castelos e casas nobres.
  O Porriño ten a súa orixe na súa propia situación de paso.Influíu decisivamente o paso do camiño de Santiago, entorno ao cal iríanse instalando servizos de pousada. Di a lenda popular que o mesoneiro Xan Porro era o máis famoso,del que sairía    o topónimo Porriño 

Arquitectónicamente cabe mencionar as peculiares arcadas e pilastras que confoman os soportais das súas rúas a estrutura de pedra que identifica á vila é o edificio do concello obra do xenial porriñés  Antonio Palacios. 



1 comentario:

  1. Genial trabajo
    Mi blog se llsma nuevaformadetrabajarensexto.blogspot.com

    ResponderEliminar