lunes, 14 de noviembre de 2016

ruta sostible buscando obras de Antonio Palacios

  Os diversostibles imósvos contar a primeira  ruta que fixemos polo Porriño buscando as obras do arquitecto.
 Primero, na clase, empezamos  traballando no plano, nél marcamos a ruta e os puntos a visitar, tratando de pasar por sitios diferentes, tanto verdes como polo centro do pobo pero buscando as obras de Antonio Palacios. 

Ao final a ruta que acordamos facer foi esta:









Cando iamos pola ruta  pasamos por un tramo que cruzaba parte dun bosque, a profe fíxonos tomar atención sobre os diferentes elementos (bióticos, abióticos, e antrópicos) dos que xa nos falara na clase, e pediunos que fotografiáramos de cada tipo. Atopábamos moitos elementos  bióticos no tramo do bosque, é dicir, animais  e plantas, pero tamén elementos introducidos polo home, elementos antrópicos. 

Cada un levou o que puido para tomar as fotografías, coma os seus móviles, os dos seus pais, as tablets ... Con eles fotografiamos elementos bióticos, abióticos e antrópicos.

Estas son algunhas das fotos que fixemos:












  Xa no centro do pobo  primeiro achegámonos ata o "templete", situado no parque infantil, en realidade era unha boca de metro da estación de San Luís de Madrid que foi trasladada ata O Porriño.

 Despois, fomos pola rúa peatonal ata a praza onde se atopa o concello. Alí vimos a estatua do famoso arquitecto Antonio Palacios e a casa onde naceu, logo dirixímonos ata a Botica Nova, e finalmente visitamos a Fonte do Cristo, tras isto paramos a tomar a merenda e facer un descanso antes de voltar ao colexio.


 Para voltar tivemos que cruzar o paso a nivel xa que o noso pobo está dividido pola vía do tren. Despois atallamos pola beira do río comezando desde onde se atopa o albergue de peregrinos que fan o camiño de Santiago.

  

Usamos a app "Runtastic" durante todo o percorrido e o secretario da clase, Javi, foi anotando as distancias entre as obras de Palacios e a distancia total da ruta.


 Grazas a esta aplicación obtivemos unha foto da ruta que fixemos que logo contrastamos co noso plano e non difería case nada,como podedes ver.

 E por fín chegamos ao colexio, pero isto non foi todo, nas próximas entradas do blogue irémosvos informando detidamente de cada unha das obras do noso arquitecto.
Estade atentos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario