jueves, 1 de diciembre de 2016

A FONTE DO CRISTO (obra de Antonio Palacios)


Comezamos a análise das obras de Antonio Palacios que investigamos e fotografíamos na nosa primeira ruta, aquí tendes o resultado no noso traballo dentro deste proxecto sobre sostenibilidade e arquitectura.


A FONTE DO CRISTO




  • HISTORIA 

A fonte do Cristo é a primeira obra que Antonio Palacios diseñou para a súa terra. En 1904, cando se estaba a formar a súa exitosa carreira en Madrid, o Concello de Porriño  encárgalle un proxecto de fonte que ocupara, no centro da praza,o lugar dun cruceiro que fora trasladado a finais do século XIX para o interior da Capela do Cristo,situada a poucos metros.



  •  DESCRIPCIÓN

 Situada na praza do mesmo nome, foi construída en honra a un antigo cruceiro . É unha fonte de tendencia vertical estructurada en dous corpos.O primeiro, robusto e de fortes volumes de granito, ten unha base octogonal para salvar o desnivel da praza, e atópase rodeado por oito diminutas e grosas columnas.


Parte baixa da fonte. Foto feita polo equipo


 Na parte superior das escaleras colócase unha forte base sobre a que se asenta o pé do segundo corpo, o cal divídese nunha primeira parte destinada aos tubos de acceso á auga alternados con elementos decorativos con motivos florais.


Parte superior da fonte. Foto feita polo equipo.







LOCALIZACIÓN:




OUTROS DATOS DE SITUACIÓN:

 Núcleo Capital Municipal.
Accesibilidade: En coche, bus ou peonil.

Distancia a cidades

-Pontevedra :34 Km
-Vigo :15 Km
-Lugo :185 Km
-Ourense :90 Km
-Ferrol :87 Km
-A Coruña :154 Km
-Santiago de Compostela :93 Km


Distancia medios de transporte

-Estación de autobuses :15 Km
-Estación de tren : Km|
- Aeroporto :15 Km|


Camiños de Santiago


Camiño Portugués


TRABALLO FEITO POLO EQUIPO 1

                       EQUIPO 1: EVA , FRANCISCO , MIRIAN, ISMA E  A.PEREIRO.






No hay comentarios:

Publicar un comentario